Volver ao contido

Dirección Xeral da Función Pública

Presentación

A Dirección Xeral da Función Pública é o órgano ao cal lle corresponde, baixo a dependencia da persoa titular da Consellería de Facenda, a execución da política de persoal da administración da Xunta de Galicia nos termos previstos na Lei da función pública e demais normativa que a desenvolva, a xestión das competencias atribuídas á Consellería de Facenda nesta materia e a resolución daquelas que lle delegue a conselleira ou conselleiro. Para tal fin, coordinará a actuación dos órganos competentes en materia de persoal das distintas consellerías e organismos autónomos dependentes delas, ditando as instrucións oportunas.

Gráfica da estrutura

  • Dirección Xeral da Función Pública
    • Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relación Laborais
      • Servizo de Réxime Xurídico e Recursos
      • Servizo de Relacións Laborais
    • Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
      • Servizo de Xestión de Persoal
      • Servizo de Programación e Ordenación do Persoal
    • Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
      • Servizo de Provisión
      • Servizo de Selección
    • Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas
    • Servizo de Actualización de Datos do Persoal

Descrición das competencias

  • A realización dos estudos e traballos que en materia de persoal lle sexan encomendados ou coide conveniente efectuar.
  • A elaboración dos anteproxectos de disposicións en materia de función pública.
  • A proposta á persoa titular da Consellería da convocatoria e resolución dos concursos de traslados para a provisión de postos de traballo dos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A fixación dos criterios a que se deberán someter todas as convocatorias públicas de libre designación e de persoal directivo.
  • A elaboración das ofertas de emprego público.
  • A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral.
  • A coordinación das eleccións sindicais do persoal funcionario e laboral.
  • A coordinación na elaboración das estatísticas do número de efectivos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración dos informes en materia de persoal conxuntos coa dirección xeral competente en materia de orzamentos.
  • A proposta á conselleira ou conselleiro da convocatoria de probas selectivas para o ingreso nos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A proposta de resolución dos expedientes de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A tramitación dos expedientes de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro, así como a custodia e a xestión dos rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos.
  • A coordinación das relacións laborais e sindicais con respecto ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma.
  • As convocatorias para a elaboración de listas para a cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral, en aplicación da norma que as regule.
  • A proposta, se é o caso, ao órgano competente da incoación de expedientes disciplinarios cando se detecten indicios racionais de responsabilidade administrativa na actuación do persoal, e elevar ao Consello da Xunta as propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A emisión dos informes preceptivos e previos que sobre os proxectos de disposicións que afecten a materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica estableza a normativa vixente.
  • A elaboración dos estudos e propostas sobre as relacións de postos de traballo, así como a elevación ao Consello da Xunta das propostas ou modificacións das relacións de postos de traballo para a súa aprobación.
  • A coordinación coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa para levar a cabo, de ser o caso, a reasignación de efectivos, unha vez que realice os estudos organizativos necesarios a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, para valorar as cargas de traballo das distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia.
  • A xestión do Rexistro de Persoal da Xunta de Galicia.
  • A xestión do Rexistro de persoal directivo e dos contratos de alta dirección.
  • A coordinación e/ou xestión do Rexistro de órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes.

Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 52 24

981 54 52 25

Enderezo electrónico
Correo da Dirección Xeral da Función Pública

José María  Barreiro Díaz
Director xeral

Mª Consuelo  Riveiro Teijeiro
Secretario/a do director xeral

981 54 52 27

981 54 52 25