Volver ao contido

Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
    • Servizo de Provisión
    • Servizo de Selección

Descrición das competencias

  • A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
  • A elaboración e tramitación das convocatorias dos concursos de traslados dos distintos corpos, escalas e categorías.
  • A elaboración e tramitación das convocatorias de procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías.
  • A preparación da convocatoria para a elaboración de listas e o desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que o regule.
  • A realización, no seu ámbito de competencias, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.
  • As demais funcións que, incluídas no ámbito respectivo, lle sexan asignadas.

Raquel María  Souto García
Subdirector/a Xeral

981 54 52 40