Volver ao contido

Servizo de Réxime Xurídico e Recursos

Descrición das competencias

  • O estudo e preparación de propostas de resolución de recursos en materia de persoal dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.
  • A colaboración na preparación de anteproxectos normativos relativos á Función Pública.
  • A preparación das propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública para a súa elevación ao Consello da Xunta.
  • O asesoramento e a emisión de informes en materia de función pública.
  • A tramitación de reclamacións previas á vía xurisdicional, dentro da competencia da Dirección Xeral da Función Pública.
  • Remisión aos xulgados, tribunais e gabinetes territoriais dos expedientes e documentación solicitada na vía xurisdicional dentro das competencias da Dirección Xeral da Función Pública.

Ana Belén  Díaz Fernández
Xefa do servizo

981 54 12 72