Volver ao contido

Subdirección Xeral de Orzamentos

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Orzamentos
    • Servizo de Programas Orzamentarios Xerais
    • Servizo de Programas Orzamentarios en Materia Sanitaria

Descrición das competencias

  • Estudo e formulación dos obxectivos de política orzamentaria, así como elaboración de criterios para a súa aplicación, en coordinación coa Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria.
  • Elaborará o orzamento básico con base nas previsións dos escenarios financeiros de cada exercicio.
  • Elaborará a normativa e as instrucións que deberán orientar a elaboración anual dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, así como os estados numéricos do anteproxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
  • Establecerá a programación plurianual dos programas de gastos e emitirá informe sobre as súas modificacións e o axuste dos compromisos plurianuais de gasto á dita programación.
  • Realizará a análise da procedencia e oportunidade das modificacións de crédito propostas e o informe das súas repercusións orzamentarias, do seu financiamento e da tramitación que proceda para estas.
  • Así mesmo, levará a cabo a análise e supervisión das aplicacións informáticas utilizadas para a elaboración dos orzamentos e para a instrumentación e o seguimento das modificacións orzamentarias e informará a Subdirección Xeral de Planificación sobre as variacións dos indicadores de cumprimento de obxectivos dimanantes das modificacións orzamentarias autorizadas.
  • A suplencia do titular da Dirección Xeral nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

María Pastora  Castro Piñeiroa
Subdirectora xeral

981 54 51 11

981 54 51 94