Volver ao contido

Subdirección General de Planificación

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Planificación
    • Servizo de Metodoloxía e Seguimento
    • Servizo de Avaliación e Análises

Descrición das competencias

  • A realización e dirección de estudos e traballos conducentes á planificación, elaboración, seguimento, actualización e instrumentación da programación económica a medio prazo.
  • A análise dos plans sectoriais e dos presupostos das administracións públicas en relación coa programación económica da Xunta de Galicia, así como a coordinación do réxime de axudas públicas.
  • A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores das intervencións comunitarias.
  • A coordinación e a análise de estudos referentes á conxuntura económica e a elaboración de previsións sobre o comportamento da economía galega.
  • A instrumentación de mecanismos de obtención e xeración de indicadores e o seguimento da planificación anual e plurianual da Xunta de Galicia.
  • A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos-programa aprobados pola dita comisión.
  • As relacións técnicas de cooperación e seguimento dos traballos do Consello Económico e Social de Galicia e doutros organismos públicos.
  • Substituír o/a director/a xeneral en casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

Ángel Luis  Tarrío Tobar
Subdirector Xeral

981 54 51 50