Volver ao contido

Subdirección Xeral de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto
    • Servizo de Seguimento de Políticas de Gasto
    • Servizo de Análise e Coordinación de Políticas de Axudas

Descrición das competencias

  • Elaboración e seguimento dos marcos orzamentarios plurianuais do sector público autonómico, así como remisión á Secretaría Xeral Técnica para a súa publicación.
  • A análise e seguimento do orzamento de gastos, así como a elaboración dos informes, estudos e propostas financeiras precisos para o control da estabilidade orzamentaria.
  • Análise da incidencia e da avaliación económica das diferentes políticas orzamentarias de gasto.
  • Análise e seguimento da actuación financeira das entidades que integran o sector público autonómico e demais entes instrumentais dependentes da Comunidade Autónoma, así como a coordinación e sistematización dos orzamentos de explotación e de capital das ditas entidades.
  • Deseño, control e informe dos plans de actuacións, investimento e financiamento ou documentos análogos e complementarios dos entes instrumentais, avaliando a súa proxección no medio prazo e a incidencia na consecución dos obxectivos que figuren nos diferentes programas dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma en que incidan.
  • Análise dos obxectivos, indicadores e actuacións das entidades que integren o sector público autonómico, da súa coherencia coas políticas de gasto e avaliación da súa incidencia orzamentaria mediante un sistema de seguimento de programas.
  • A coordinación, seguimento e informe dos réximes de axudas públicos, e a compatibilidade coa normativa do Estado.
  • A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos programa aprobados pola dita comisión.

Arturo  López Iglesias
Subdirector xeral

981 54 51 72

981 54 51 94