Volver ao contido

Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria
    • Servizo de Análise Orzamentaria e Xestión de Recursos
    • Servizo de Normativa Orzamentaria e Sistemas de Financiamento
    • Servizo de Taxas e Prezos

Descrición das competencias

  •  O seguimento e determinación, de ser o caso, dos recursos orzamentarios da Comunidade Autónoma, con especial atención aos derivados do sistema de financiamento.
  • A análise da execución de ingresos, así como a xestión orzamentaria dos recursos derivados de transferencias correntes e de capital, así como dos recursos propios dos servizos competentes en materia sanitaria.
  • A coordinación e elaboración dos anteproxectos das leis orzamentarias da Comunidade Autónoma, así como a prestación da asistencia precisa ao longo do seu debate parlamentario e o estudo e análise comparado da normativa orzamentaria.
  • O establecemento do marco regulador e a determinación da contía e distribución do Fondo de Cooperación Local.
  • A análise da estabilidade orzamentaria dos plans, programas, proxectos e iniciativas normativas do sector público autonómico.

Joaquín  Caballero Miranda
Subdirector xeral

981 54 51 68

981 54 51 94