Volver ao contido

Servizo de Análise Orzamentaria e Xestión de Recursos

Descrición das competencias

  • Elaboración do escenario de ingresos e do informe de estratexia financeiro-fiscal que acompaña o teito de gasto a partir da información macroeconómica e tributaria achegadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
  • Desenvolvemento da xestión orzamentaria dos recursos procedentes de transferencias correntes e de capital (capítulos IV e VII do orzamento de ingresos), así como dos recursos propios dos servizos competentes en materia sanitaria.
  • Seguimento e análise da execución dos orzamentos de ingresos, así como elaboración dos estudos e propostas precisos para a súa óptima xestión.
  • Actuacións relativas ao establecemento do marco regulamentario do Fondo de Cooperación Local e á determinación dos importes que, por ese concepto, corresponden a cada un dos concellos da Comunidade Autónoma.

Paula  Grande Maside
Xefe do servizo

981 957856