Volver ao contido

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Presentación

É o órgano encargado do desenvolvemento e a execución das funcións que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia en materia financeira e a xestión da súa Tesouraría. Tamén é o órgano que exerce as competencias atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia da planificación económica, coordinando actuacións en materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais da Unión Europea.

Gráfica da estrutura

  • Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos
    • Subdirección Xeral de Planificación e Operacións Financeiras
      • Servizo de Operacións Financeiras
      • Servizo de Planificación Financeira
    • Subdirección Xeral de Entidades Financeiras e Corporacións Locais
      • Servizo de Corporacións Locais
      • Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros
    • Subdirección Xeral do Tesouro
      • Servizo de Programación de Pagamentos do SERGAS
      • Servizo de Tesouraría e da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma
    • Subdirección Xeral de Xestión do Feder e FCI
      • Servizo de Xestión do FEDER e do FCI
      • Servizo de Coordinación e Seguimento do Feder
    • Subdirección Xeral de Xestión do FSE e Outros Programas Comunitarios
      • Servizo de Xestión do FSE Rexional
      • Servizo de Outros Programas Comunitarios
    • Servizo de Inspección e Control dos Fondos Comunitarios
    • Servizo de Seguimento e Avaliación dos Fondos Comunitarios

Descrición das competencias

O desenvolvemento e execución das funcións que lle corresponden á Comunidade Autónoma en materia financeira, en especial as relativas a:

  • Endebedamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma e doutros entes públicos da Comunidade.
  • Operacións de garantía que corresponda outorgar ao Consello da Xunta de Galicia, así como os procedementos de reintegro que se inicien polos avais executados con cargo á tesouraría da Comunidade Autónoma.
  • Tutela financeira sobre corporacións locais galegas.
  • Centros de contratación de valores.
  • Mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e outras entidades aseguradoras.
  • Mediación de seguros e reaseguros privados.
  • Caixas de aforro e demais entidades financeiras.
  • Ordenación do crédito, banca e seguros.

A xestión da Tesouraría da Comunidade Autónoma e, en canto estea atribuída á Comunidade, a doutros entes públicos, en especial:

  • A realización dos ingresos.
  • A ordenación xeral de pagamentos en canto lle fose delegada polo/a conselleiro/a de Facenda.
  • A ordenación xeral de pagamentos do Servizo Galego de Saúde, así como a periodización de pagamentos e provisión de fondos dos seus centros de xestión.
  • A xestión dos depósitos e fianzas que deban constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.
  • Autorización da apertura de contas nas entidades de crédito e aforro, e o seu réxime de disposición, de acordo co establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
  • A xestión e rendibilización de todos os recursos financeiros da Tesouraría Xeral e a súa distribución para o pagamento das obrigacións.

En relación cos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europa en que esta Dirección Xeral actúe como autoridade de xestión, organismo intermedio, organismo coordinador ou organismo equivalente:

  • O exercicio, no ámbito da Comunidade Autónoma, das funcións que os regulamentos comunitarios lles atribúen ás autoridades de xestión, organismos intermedios, organismos coordinadores ou organismos equivalentes.
  • A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizar con carácter previo á aprobación dos programas operativos.
  • O seguimento, avaliación e modificación dos programas operativos.
  • A coordinación das misións de control comunitarias, así como da resposta ás solicitudes de información realizadas por institucións comunitarias, sobre os programas operativos.
  • A interlocución da Comunidade Autónoma coa Administración Xeral do Estado e coas institucións comunitarias, así como, de ser o caso, con outras comunidades autónomas ou Estados membros, no ámbito dos programas operativos.
  • A coordinación da actuación dos organismos xestores da Comunidade Autónoma participantes nos citados programas operativos.

En relación cos programas operativos en que así se determine, exercer, no ámbito da Comunidade Autónoma, as funcións que os regulamentos comunitarios lles atribúen aos organismos intermedios das autoridades de certificación.

O seguimento, a partir do período de programación 2014-2020, dos programas comunitarios desenvolvidos no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma non comprendidos nas letras a) e b), así como dos proxectos europeos en que organismos xestores da Administración da Comunidade Autónoma teñan a condición de beneficiarios.

A programación e a xestión do Fondo de Compensación Interterritorial.

Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 51 54

981 54 51 56

Enderezo electrónico
Correo da Dirección Xeral de Política Financieira, Tesouro e Fondos Europeos

David  Cabañó Fernández
Director xeral

Mª. Paulette  Lorenzo Permuy
Secretaria do director xeral

981 54 51 54

981 54 51 56