Volver ao contido

Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios
    • Servizo de Inspección e Control do Feder
    • Servizo de Inspección e Control do FSE
    • Servizo de Seguimento e Avaliación dos Fondos Comunitarios

Descrición das competencias

A Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios, que exercerá as seguintes funcións en relación con todos os programas operativos en que a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos europeos actúe como autoridade de xestión, organismo intermedio, organismo coordinador ou organismo equivalente:

  • A realización daquelas actuacións en relación coas verificacións de xestión exixidas nos regulamentos comunitarios, nos termos que se establezan nas respectivas descricións de funcións e procedementos dos programas operativos.
  • A coordinación das auditorías, misións de control ou outras actuacións de control a nivel comunitario, estatal ou autonómico.
  • A elaboración e coordinación do Plan anual de comprobacións relativas ao mantemento das operacións cofinanciadas polos programas operativos do Feder e do FSE, nas condicións e prazos exixidos nos regulamentos comunitarios.
  • As restantes funcións relativas ao control dos fondos que veñan descritas no documento de descrición de funcións e procedementos.
  • A realización, coordinación e análise das avaliacións exixidas polos regulamentos comunitarios, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos nas actuacións previas á aprobación dos programas operativos.
  • A instrumentación de mecanismos de obtención e xeración de indicadores e o seguimento dos programas operativos.
  • A coordinación e seguimento das actuacións de información e comunicación asociadas ao desenvolvemento dos programas operativos.
  • A coordinación do cumprimento das políticas transversais no marco dos programas operativos, sen prexuízo das competencias dos órganos competentes en materia de igualdade e desenvolvemento sustentable.

Marina  Cid Dopazo
Subdirectora xeral

981 54 41 14