Volver ao contido

Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos

Presentación

É o órgano que exerce as competencias atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia da planificación económica, coordinando actuacións en materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais da Unión Europea.

Gráfica da estrutura

  • Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos
    • Subdirección Xeral de Xestión do Feder e FCI
      • Servizo de Xestión do FEDER e do FCI
      • Servizo de Coordinación e Seguimento do Feder
    • Subdirección Xeral de Xestión do FSE e Outros Programas Comunitarios
      • Servizo de Xestión do FSE Rexional
      • Servizo de Outros Programas Comunitarios
    • Servizo de Inspección e Control dos Fondos Comunitarios
    • Servizo de Seguimento e Avaliación dos Fondos Comunitarios

Descrición das competencias

En relación cos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europa en que a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos actúe como autoridade de xestión, organismo intermedio, organismo coordinador ou organismo equivalente:

  • O exercicio, no ámbito da Comunidade Autónoma, das funcións que os regulamentos comunitarios lles atribúen ás autoridades de xestión, organismos intermedios, organismos coordinadores ou organismos equivalentes.
  • A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizar con carácter previo á aprobación dos programas operativos.
  • O seguimento, avaliación e modificación dos programas operativos.
  • A coordinación das misións de control comunitarias, así como da resposta ás solicitudes de información realizadas por institucións comunitarias, sobre os programas operativos.
  • A interlocución da Comunidade Autónoma coa Administración Xeral do Estado e coas institucións comunitarias, así como, de ser o caso, con outras comunidades autónomas ou Estados membros, no ámbito dos programas operativos.
  • A coordinación da actuación dos organismos xestores da Comunidade Autónoma participantes nos citados programas operativos.

En relación cos programas operativos en que así se determine, exercer, no ámbito da Comunidade Autónoma, as funcións que os regulamentos comunitarios lles atribúen aos organismos intermedios das autoridades de certificación.

O seguimento, a partir do período de programación 2014-2020, dos programas comunitarios desenvolvidos no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma non comprendidos nas letras a) e b), así como dos proxectos europeos en que organismos xestores da Administración da Comunidade Autónoma teñan a condición de beneficiarios.

A programación e a xestión do Fondo de Compensación Interterritorial.

Edificios Administrativos de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 51 31

981 54 51 33

Enderezo electrónico
Correo da Dirección de Proxectos e Fondos Europeos

Posto  vacante
Director/a xeral

Carlos  Barros Rodríguez
Secretario/a do/a director/a xeral

981 54 51 32

981 54 51 33