Volver ao contido

Servizo doutros Programas Comunitarios

Descrición das competencias

En relación cos programas operativos de cooperación territorial e cos programas operativos plurirrexionais do FSE en que a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos actúe como organismo intermedio, organismo coordinador ou organismo equivalente:

  • A coordinación da xestión dos programas operativos.
  • A xestión e tramitación ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos dos programas operativos.
  • A realización das actuacións necesarias para garantir unha coordinación efectiva dos programas operativos e, en particular, da elixibilidade dos proxectos que se van desenvolver.

Nos programas operativos relativos aos fondos pesqueiros en que a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos actúe como organismo intermedio da autoridade de certificación, o exercicio das funcións delegadas por esta.

Teresa  Pájaro Pérez
Xefe/a do servizo

981 54 51 43