Volver ao contido

Intervencións Delegadas

Presentación

Na Presidencia da Xunta de Galicia, na Vicepresidencia e en todas as consellerías hai unha intervención delegada, con nivel orgánico de subdirección xeral, integrada organicamente nas secretarías xerais e nas secretarías xerais técnicas, que exercerá, baixo a dependencia funcional e xerárquica da Intervención Xeral, no ámbito das competencias das respectivas consellerías ou dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas a elas adscritas.

As intervencións delegadas de todas as consellerías contan cun Servizo de Fiscalización e Contabilidade, excepto as intervencións delegadas nas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Traballo e Benestar; e de Medio Rural e Mar, que contan con dous servizos.

Os/as interventores/as delegados/as poderán ser asistidos por interventores/as adxuntos/as ou habilitados/as.

Existirá unha intervención delegada das entidades públicas instrumentais con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá, baixo a dependencia orgánica e funcional da Intervención Xeral, o control interno da actividade económico-financeira daquelas entidades en que así o determine a Intervención Xeral. Contará cun Servizo de Fiscalización e Contabilidade.

Descrición das competencias

  • Fiscalizar previamente todo acto, documento ou expediente susceptible de xerar compromiso de gasto ou recoñecemento de obriga.
  • Realizar o control financeiro.
  • Levar e desenvolver a contabilidade do orzamento.