Volver ao contido

Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións
    • Servizo de Auditoría dos Fondos Europeos da pesca
    • Servizo de Auditoría do Feder
    • Servizo de Auditoría do FSE
    • Servizo de Control Financieiro de Subvencións e de Fondos Europeos Agrícolas

Descrición das competencias

  • O control financeiro das subvencións, nos termos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa de desenvolvemento
  • Realizar as actuacións de control de fondos comunitarios que, de conformidade cos regulamentos comunitarios e a restante normativa de aplicación, lle corresponde executar á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
  • Desenvolver os traballos de auditoría que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma como organismo de certificación da conta dos fondos Feaga e Feader na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estudo e proposta do plan de auditorías, con detalle das que se van realizar cada ano.
  • Coordinar, de conformidade coas instrucións emitidas pola Intervención Xeral, os informes que deriven das actuacións de control financeiro de subvencións e de fondos comunitarios.
  • Propor as normas e instrucións que sexan necesarios para o exercicio do control financeiro de subvencións e de fondos comunitarios.
  • Elaborar e subministrar a información que se deba render a outros órganos involucrados na xestión e no control de subvencións e de fondos comunitarios.
  • Emisión dos informes cos resultados das auditorías que se deban render a outros órganos involucrados na xestión e no control de subvencións e de fondos comunitarios.

Manuel  Castro-Gil Amigo
Subdirector xeral

981 54 41 79