Volver ao contido

Servizo de Elaboración e Rendición de Contas

Descrición das competencias

  • Agregar e integrar a información deducida da contabilidade das demais oficinas contables.
  • Preparar e examinar a conta xeral da Comunidade Autónoma.
  • Requirir as contas, estados e outros documentos que deban renderse a través da Intervención Xeral.
  • Preparar as contas anuais da Administración xeral da Xunta de Galicia.
  • Preparar a documentación contable que, con carácter periódico, teña que remitirse ao Parlamento de Galicia, así como aquela que teña que publicarse no Diario Oficial de Galicia.
  • Preparar a documentación contable que deba remitirse á Administración do Estado en cumprimento da normativa vixente en materia de estabilidade orzamentaria. Así mesmo, correspóndelle centralizar e solicitar dos departamentos que corresponda toda a documentación necesaria que se deba proporcionar a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento desta normativa.

Vanesa  Vizcaíno Cordido
Xefe/a de servizo

981 54 54 05