Volver ao contido

Servizo de Planificación e Regulación Contable

Descrición das competencias

Preparar as posibles modificacións e adaptacións do Plan xeral de contabilidade pública para a Administración da Comunidade Autónoma e elaborar os plans parciais ou especiais conforme o dito plan.

  • Organizar a contabilidade en cantos centros, servizos e dependencias sexa necesario.
  • Preparar as instrucións e normas contables que en materia de contabilidade pública lle corresponda emitir á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
  • Realizar as actuacións preparatorias para promover o exercicio da potestade regulamentaria, de acordo co disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
  • Definir a configuración do sistema de información contable e dos seus sistemas auxiliares, e correspóndelle o deseño, desenvolvemento e dirección da implantación das evolucións do sistema e de novas funcionalidades, módulos ou subsistemas relacionados con este.

Ana  Lozano del Río
Xefe/a de servizo

981 54 51 49