Volver ao contido

Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público
    • Servizo de Control Financeiro Permanente
    • Servizo de Auditoría do Sector Público
    • Servizo de Coordinación e Supervisión do Control Financeiro permanente da Axencia Tributaria de Galicia

Descrición das competencias

  • Estudo e proposta do Plan anual de actuacións de control financeiro permanente e auditoría pública, que se someterá á aprobación da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
  • Realizar o control financeiro permanente naqueles organismos e entidades vinculados ou dependentes da Administración da Comunidade Autónoma en que estea establecida esta modalidade de control, segundo se establece no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as disposicións que a desenvolven e demais normativa de aplicación, salvo respecto daquelas entidades en que a Intervención Xeral encomende o control financeiro a outra unidade.
  • Emisión de informe daquelas actuacións de control financeiro e auditoría publica das entidades en que así se determine e, de ser o caso, a emisión de informes globais e seguimento de medidas correctoras.
  • Coordinar, de conformidade coas instrucións emitidas pola Intervención Xeral, os informes que deriven das actuacións de control financeiro e auditoría pública no seu ámbito de actuación.
  • No ámbito do Servizo Galego de Saúde, corresponderalle o estudo e proposta do Plan anual de actuacións de control financeiro permanente, así como a coordinación e seguimento e, de ser o caso, proposta de informes globais e seguimento de medidas correctoras.
  • Propor normas ou instrucións que sexan necesarias para o exercicio do control financeiro permanente e auditoría pública.
  • Asistir ás mesas de contratación das entidades respecto das cales exerza o control financeiro a subdirección que teñan carácter de Administración pública para os efectos da lexislación reguladora da contratación no sector público ou, de ser o caso, propor un funcionario da propia subdirección que o substitúa.

Pablo  Leis Mol
Subdirector xeral

981 54 74 97

981 54 74 96