Volver ao contido

Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas
    • Servizo de Análise e Coordinación

Descrición das competencias

  • Realizar os traballos necesarios para procurar a coordinación dos órganos integrados ou dependentes da Intervención Xeral.
  • O estudo e as propostas de homoxeneización de normas e criterios aplicables nas distintas unidades da Intervención Xeral.
  • Coordinar e preparar a información que teña que remitirse ao Parlamento de Galicia, ao Consello de Contas e, de ser preciso, ao Tribunal de Contas e aos órganos estatutarios ou a outras administracións públicas.
  • Verificar o seguimento dos informes emitidos polo Consello de Contas ou outros organismos no exercicio das súas funcións de control da Administración autonómica e elaborar as propostas de actuación que deriven deles.
  • Verificar o seguimento dos informes de control posterior nos expedientes obxecto de fiscalización limitada previa emitidos polas distintas unidades da Intervención e elaboración das propostas de actuación que deriven deles.
  • Verificar o seguimento dos informes de control financeiro emitidos polas distintas unidades da Intervención Xeral, cando recollan a procedencia de reintegrar a subvención, e a elaboración das propostas de actuación que deriven deles, de acordo co previsto na normativa aplicable.
  • Elaborar as propostas correspondentes para o desenvolvemento e actualización dos sistemas de información dedicados a lles dar servizo no exercicio das súas funcións a todas as direccións xerais dependentes da Consellería de Facenda.

Ana  Fonte Bouza
Subdirector xeral

981 54 49 43