Volver ao contido

Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno
    • Servizo de Fiscalización e Xestión
    • Servizo de Control Interno

Descrición das competencias

Formular propostas de fiscalización previa de todos os actos da Administración cuxa competencia sexa da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

  •  Estudo e proposta de resolución das discrepancias previstas no artigo 101 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
  • Preparar os recursos e reclamacións que a Intervención Xeral teña que presentar, así como coñecer os que interpoñan as intervencións delegadas.
  • Reclamar dos órganos competentes os asesoramentos xurídicos ou informes técnicos que considere necesarios para o exercicio das funcións encomendadas relativas á función interventora.
  • Exercer as funcións que, en relación coa fiscalización previa limitada, lle outorga o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e de conformidade coas súas instrucións.
  • Estudo e proposta das actuacións de control posterior nos expedientes obxecto de fiscalización limitada previa e de intervención por mostraxe.
  • Propor as normas e instrucións que sexan necesarias para o exercicio da función interventora.
  • Substituír o/a interventor/a xeral en casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

Juan José  González Acevedo
Subdirector xeral

981 54 41 74