Volver ao contido

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Presentación

É o órgano ao que corresponde afectuar o control interno da actividade ecnómico-financeira da Comunidade, dos seus organismo autónomos e entes públicos e das sociedades públicas, sen prexuizo das competencias do Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, do Tribunal de Contas.

Gráfica da estrutura

Descrición das competencias

  • Efectuar o control interno da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o exercicio da función interventora e do control financeiro na forma e co contido previstos no capítulo I do título V do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
  • A dirección e xestión da contabilidade pública na forma e co contido previstos nos capítulos II e III do título V do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
  • A dirección da contabilidade das entidades que forman parte do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos dispostos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
  • As actuacións de control financeiro de subvencións, de acordo co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa de desenvolvemento.
  • As actuacións de auditoría de fondos comunitarios que lle correspondan, de conformidade co establecido nos regulamentos comunitarios e a restante normativa de aplicación.
  • A xestión da información económico-financeira e formulación de informes e propostas de actuación derivadas do exercicio das súas funcións contables e de control.
  • O exercicio das demais funcións que ao dito órgano lle asigna a lei e demais normativa de aplicación.

Son competencia propia da Intervención Xeral, sen prexuízo da súa delegación:

  • A fiscalización previa dos seguintes gastos:
    • Os de contía indeterminada.
    • Os que deben ser aprobados polo Consello da Xunta de Galicia ou afecten máis dunha consellería.
    • Aqueles que deban ser sometidos a informe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia ou doutro alto órgano consultivo.
  • A emisión de informes de expedientes de gasto que deban ser sometidos á autorización do Consello da Xunta de Galicia.
  • A facultade de avocar a fiscalización previa de calquera acto ou expediente.
  • O nomeamento de representantes da Intervención Xeral, así como a designación de funcionarias/os asesoras/os para a comprobación material das cantidades destinadas a obras, subministracións, adquisicións e servizos, de conformidade coa normativa aplicable en cada caso.

Edificio administrativo de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 41 70

981 54 41 73

Enderezo electrónico
Correo da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Arturo  López Iglesias
Interventor Xeral da Comunidade Autónoma

Teresa  Gómez Crego
Secretaria da Interventora Xeral da Comunidade Autónoma

981 54 41 71