Volver ao contido

Servizo Técnico Xurídico

Descrición das competencias

  • Informe e tramitación das compilacións, refundicións de normas e publicacións e, en xeral, de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encomendados pola Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico.
  • Preparación e informe dos asuntos que se teñan que elevar ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos.
  • A coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería e as súas entidades adscritas que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia.
  • Tramitación das propostas de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial.
  • As funcións en materia de fundacións de interese galego que lle correspondan á Consellería de Facenda e Administración Pública, en relación coas fundacións sobre as cales exerza o protectorado.

Ana  Díaz Teijeiro
Xefe/a do servizo

981 54 51 76