Volver ao contido

Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma

Gráfica da estrutura

  • Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma
    • Servizo Técnico de Inventario
    • Servizo de Investigación Patrimonial e Obras
    • Servizo de Protección e Defensa Patrimonial
    • Servizo de Xestión de Riscos e Seguros
    • Servizo de Administración e Xestión Patrimonial

Descrición das competencias

  • A coordinación e normalización do tráfico xurídico dos bens patrimoniais da Comunidade Autónoma e a forma de utilización dos bens de dominio público, así como a xestión de todos os asuntos concernentes á administración e ao tráfico dos ditos bens.
  • O control dos ingresos e rendementos que lle proporcione á Comunidade Autónoma o seu patrimonio, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder a outros centros directivos da Consellería.
  • A administración e liquidación provisional do patrimonio das herdanzas intestadas deferidas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A acreditación da procedencia da sucesión legal a favor da Comunidade Autónoma de Galicia e a posterior administración, xestión e liquidación provisional do patrimonio das herdanzas intestadas así deferidas.

Pablo  Moure Parrilla
Subdirector xeral

981 54 41 45

981 54 58 70