Volver ao contido

Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Presentación

A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa configúrase como o órgano central, con ámbito de actuación sobre todas as consellerías e entidades integrantes do sector público autonómico definido pola Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, coa exclusión dos sistemas sanitario, educativo e xudicial, para impulsar actuacións de modernización e reforma administrativa co obxectivo de conseguir unha Administración pública eficaz, eficiente e orientada á prestación de servizos de calidade á cidadanía. Corresponderalle tamén a proposta das políticas de mellora da contratación pública da Administración xeral de Comunidade Autónoma e das súas entidades instrumentais.

Gráfica da estrutura

Descrición das competencias

A. En materia de funcionamento dos servizos públicos:

 

  • A realización de auditorías de control do funcionamento dos centros, servizos e unidades, dentro do seu ámbito de actuación, para a detección de posibles deficiencias, emitindo o correspondente informe e propondo ao órgano competente a adopción das medidas necesarias para a súa corrección.
  • Exercer o labor de control establecida na Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos procesos de creación de novas entidades instrumentais ou de integración no sector público autonómico doutras existentes, a través da análise e do informe sobre a súa procedencia, tendo en conta razóns de eficacia, autonomía de xestión e non duplicidade.
  • A vixilancia do cumprimento da normativa vixente en materia de xornada, horario, permisos e licenzas do persoal ao servizo da Administración autonómica galega, así como, xunto coa Dirección Xeral da Función Pública, a coordinación e o impulso do teletraballo.
  • En xeral, aquelas funcións de información, inspección, auditoría e control que, con carácter extraordinario, lle sexan encomendadas pola persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública.

B. En materia de avaliación do desempeño e xestión da calidade:

 

  • O desenvolvemento e a xestión de medidas para a implantación de sistemas de mellora da calidade tendentes a promover a mellora continua dos servizos da Administración autonómica, tanto dos que se prestan directamente á cidadanía como dos servizos internos.
  • A colaboración cos órganos competentes doutras administracións públicas no deseño e na aplicación de programas de avaliación do desempeño e da calidade tendentes a mellorar a prestación dos servizos públicos mediante a firma de convenios que faciliten o intercambio de información, métodos e experiencias.

 

C. En materia de racionalización e simplificación dos procedementos administrativos:

 

  • A promoción, planificación e coordinación dos procesos de racionalización, simplificación e modernización dos procedementos administrativos, suprimindo trámites e documentos innecesarios, reducindo cargas administrativas e promovendo a implantación da Administración electrónica coa finalidade de mellorar a resposta á cidadanía.
  • A emisión de informe, con carácter preceptivo e previo á súa aprobación e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia, sobre os proxectos de disposicións de carácter xeral que regulen procedementos administrativos a instancia de parte, as bases reguladoras e as convocatorias de subvencións, así como o establecemento de servizos á cidadanía e ao persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e demais entidades integrantes do sector público autonómico.
  • A emisión de informe para a incorporación ao inventario de información administrativa e á sede electrónica dos procedementos administrativos iniciados de oficio na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  A xestión e coordinación funcional dos sistemas de xestión de procedementos administrativos que sirvan de base do sistema de información da Xunta de Galicia.
  • A xestión e coordinación funcional do Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI).
  •  A coordinación da aplicación da normativa europea e estatal sobre simplificación e mellora da xestión administrativa.

D. En materia de transparencia, información administrativa e atención á cidadanía:

 

  •  Velar e supervisar o cumprimento das obrigacións de publicidade activa do sector público autonómico e do dereito de acceso da cidadanía á información pública, de conformidade coa normativa reguladora en materia de transparencia.
  • Desenvolver as accións que permitan incrementar o nivel de calidade e transparencia da información pública que difunde o sector público autonómico a través do Portal de transparencia e goberno aberto.
  • Actuar funcionalmente como oficina de defensa das persoas usuarias dos servizos públicos do sector público autonómico, de acordo co indicado no artigo 25 da Lei 1/2015, de 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
  •  Garantir, en coordinación coas secretarías xerais técnicas das respectivas consellerías, a adecuada tramitación das suxestións e queixas presentadas pola cidadanía ante a Oficina de defensa de persoas usuarias dos servizos públicos do sector público autonómico, co obxecto de mellorar a calidade na prestación dos servizos públicos.
  • Establecer unha política de integridade institucional da Administración autonómica, en colaboración co Consello de Contas de Galicia.

E. En materia de estruturas orgánicas e relacións de postos de traballo:

 

  • A realización de análise da carga de traballo soportada polas distintas unidades administrativas e que respondan a criterios de racionalidade, simplificación e austeridade, para conseguir unha Administración pública eficaz e eficiente. Neste sentido, os órganos competentes en materia de persoal das consellerías deberán solicitar o informe da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa antes de solicitar o informe da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos sobre as estruturas orgánicas e as relacións de postos de traballo. De non ser emitido no prazo máximo de oito días naturais, o informe da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa entenderase favorable.
  • A realización de estudos sobre a dimensión dos cadros de persoal, propondo as medidas necesarias sobre a reasignación de efectivos en función das cargas de traballo soportadas polas distintas unidades administrativas para conseguir un mellor funcionamento dos servizos.

F. En materia de contratación:

 

  • A Presidencia da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no Decreto 237/2007, de 5 de decembro, polo que se crea a Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia e regúlase a súa composición e funcións.
  •  A organización, mantemento e custodia do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co Decreto 262/2001, de 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas.
  •  A organización, mantemento e custodia do Rexistro de Contratos do Sector Público Autonómico de Galicia, de acordo co Decreto 103/2016, de 28 de xullo, polo que se regula o mesmo.
  • A mellora dos sistemas de contratación da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das súas entidades instrumentais a fin de homoxeneizar e informatizar a totalidade dos sistemas de contratación e de garantir a máxima transparencia nos procesos.
     

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela

981 54 54 72

Jesús  Oitavén Barcala
Director Xeral

Silvia  López Blanco
Secretaria do Director Xeral

951 54 54 72