Volver ao contido

Listado de disposicións de carácter xeral en elaboración

A Consellería de Facenda, no exercicio das súas funcións e de conformidade co disposto no artigo 105 da Constitución Española e no artigo 9 Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procede a publicar na súa páxina web a relación dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns podan remitir as súas suxestións.

 

En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da Secretaría Xeral, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

 

A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento. O previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.

 

Neste momento a nosa biblioteca de disposicións contén os seguintes documentos. Amosámolos ordeados por data de publicación en:

 

 

Consultas sobre la Ley de Transparencia

Se pone a su disposición el siguiente formulario para que remita sus consultas relacionadas con las Oficinas Virtuales. Por favor, seleccione el destinatario que se adecúe a su consulta.