Volver ao contido

Retribucións do persoal directivo das entidades do sector público

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia no artigo 53.bis, establece criterios de racionalización do gasto de persoal, autorizando ao Consello da Xunta para adecuar o réxime económico dos órganos de goberno e dirección das entidades do sector público autonómico a criterios obxectivos.

O Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno e dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público, establece os criterios obxectivos para clasificar estas entidades:

  1. A natureza xurídica e características da entidade e do sector no que opera
  2. Número de efectivos de persoal
  3. Cifra de negocios
  4. Volume de investimentos
  5. Resultados da entidade
  6. Prelación nos obxectivos no Plan Estratéxico de Galicia

A clasificación inicial derivada da aplicación destes parámetros realizouse por Orde da Conselleira de Facenda, do 8 de xuño do 2012, pola que se establece a clasificación inicial das entidades incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo do sector público autonómico.

As retribucións indicadas só se refiren ás retribucións fixas de cada un dos postos directivos e non inclúen os complementos persoais de antigüidade, carreira profesional ou complemento de expatriación, e axústanse ao disposto no Anexo do Decreto e ao establecido na disposición adicional primeira do mesmo.