Volver ao contido

Competencias

A Xunta Superior de Facenda é competente para coñecer e resolver:

  1. As reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos centrais da Consellería de Facenda ou doutras consellerías e os seus organismos autónomos ou entes relacionados coa xestión, inspección e recadación dos tributos propios da Facenda da Comunidade e, en xeral, de todos os ingresos de dereito público que correspondan a esta, coa exclusión expresa dos tributos cedidos polo estado á Xunta de Galicia e das recargas que se establezan por esta sobre tributos estatais.
  2. As reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos periféricos da Administración da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos, relacionados coas materias relacionadas no parágrafo anterior.
  3. Dos recursos extraordinarios de revisión promovidos contra os actos firmes ditados polos órganos a que se refiren os apartados anteriores e contra as resolucións firmes do propio tribunal.
  4. Dos recursos de anulación.
  5. Da rectificación de erros das súas propias resolucións.
  6. Do recurso de execución.