Volver ao contido

Presentación

A Xunta Superior de Facenda é o órgano competente para o coñecemento e resolución das reclamacións económico-administrativas relativas a tributos propios ou ingresos de dereito público.

É un órgano adscrito á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, como órgano propio dela e ten a súa sede na dos órganos centrais dela.

O artigo 20 da Lei orgánica 8/1980 de 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas prevía a existencia de órganos económico administrativos propios das comunidades autónomas. A Comunidade Autónoma de Galicia creou a Xunta Superior de Facenda, baixo a denominación de Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, pola disposición adicional primeira da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como único órgano colexiado competente no ámbito da Comunidade Autónoma para a resolución dos recursos e das reclamacións de natureza económico-administrativa, esa denominación mantívose ata o 12 de decembro de 2003, sendo modificada pola Disposición adicional 1ª da lei 6/2003, do 9 de decembro de taxas, prezos e exaccións reguladoras da comunidade autónoma de Galicia.