Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade que mellor paga as súas facturas, segundo os datos do Ministerio de Facenda

Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade que mellor paga as súas facturas, segundo os datos do Ministerio de Facenda

  • O período medio de pago de Galicia en xuño foi de 13,8 días, o máis baixo de España, fronte aos 36,2 días da media autonómica
  • O último informe do Ministerio de Facenda sitúa de novo a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.- Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas', publicado hoxe polo Ministerio de Facenda.

O período medio de pago en Galicia reduciuse a 13,8 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 36,2 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.

En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de xuño no 0,11%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,39%. Ao peche do primeiro semestre do ano, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.898,5 millóns de euros, dos que 70,3 millóns –o 1,4% do total- corresponden a Galicia.

Período Medio de Pago – Xuño 2019 (*CCAA réxime foral)

Galicia

13,8

 

Aragón

30,4

Canarias

15,3

Madrid

31,5

Andalucía

18,1

Castilla - La Mancha

34,1

País Vasco*

22,7

TOTAL CC.AA.

36,2

Castilla y León

23,7

La Rioja

40,1

Asturias

23,8

Cataluña

46,5

Navarra*

23,9

Cantabria

50,0

Extremadura

25,5

Murcia

51,2

Baleares

29,3

Valencia

53,1