Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD

V0003-17

V0003-17

O consultante, menor de 36 anos, adquire conxuntamente con outra persoa, maior de 38 anos, unha vivenda por un valor de 300.000€. Para a adquisición da vivenda constitúese un préstamo hipotecario destinado ao seu financiamento.

Ambos os adquirentes non constitúen unidade familiar. Para o consultante vai ser a súa vivenda habitual, mentres que para o segundo adquirente non.

 

CONSULTA
Posibilidade de aplicar o tipo reducido do 4% en transmisión patrimonial onerosa e 0,50% en actos xurídicos documentados, documentos notariais, porque o consultante, menor de 36 anos, adquire a súa vivenda habitual por un importe de 150.000€ e o seu patrimonio non supera os 200.000€

Documentos asociados