Volver ao contido

Rexistro Xeral de Contratistas: Guía Informativa

Obxectivo do Rexistro

O Rexistro Xeral de Contratistas créase como un instrumento auxiliar da contratación administrativa que ten por obxecto por una banda facilitar a concorrencia de licitadores evitando a multiplicidade de documentacións análogas a presentar en cada licitación, e por outra banda axilizar a tramitación dos procedementos de contratación pública, facilitando ás mesas de contratación a labor de análise das documentacións presentadas.

 

A súa regulación recóllese no Decreto 262/2001, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas, modificado polo Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula a factura electrónica e a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en materia de contratación pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e entes do sector público dela dependente.

 

Quen pode inscribirse

Poderanse inscribir no Rexistro todas aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que pretendan concorrer ás licitacións que convoque a Administración Autonómica a través das súas consellerías, organismos, entidades e empresas, referidas a contratos de obra, xestión de servizos públicos, subministracións, servizos, e demais contratos de conformidade có establecido na lexislación vixente.

 

As solicitudes de inscrición no rexistro tramitaranse perante a Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, e presentaranse en modelo normalizado.

 

Vantaxes da Inscrición

A inscrición vixente no momento da presentación da oferta eximirá ós licitadores de presentar nas licitacións a documentación que conste no Rexistro Xeral de Contratistas.

 

O Rexistro Xeral de Contratistas certificará sobre os seguintes extremos:

  • Personalidade xurídica e capacidade de obrar
  • Representación
  • Declaración de non estar incurso en algunha das de prohibición para contratar do artigo 49 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.
  • Datos referidos ao IAE (alta e pagamento do derradeiro exercicio)
  • Situación tributaria e coa Seguridade Social
  • Clasificación

 

Para a presentación nas distintas licitacións, farase constar no sobre de documentación administrativa a inscrición no rexistro, indicando no seu exterior o número de inscrición.

 

Os certificados que expide o Rexistro Xeral de Contratistas son emitidos con data do derradeiro día de presentación de ofertas.

Enderezo

Edificio admisnitrativo de San Caetano, bloque 3, 1ª Planta, 15781 Santiago de Compostela