Volver ao contido

Persoa Física

Instruccións

As solicitudes de inscrición no rexistro serán presentadas en modelo normalizado, en calquera das formas previstas na lexislación vixente (departamentos territoriais, oficinas de correos, xanela única, etc...)
Os interesados poden anexar os documentos esixibles en orixinal, copia auténtica ou copia compulsada. A compulsa dos documentos pódese realizar por notario ou por calquera das Oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia onde poida presentarse a solicitude.
Documentación a aportar:

  • Solicitude (modelo normalizado).
  • D.N.I. ou o que, se é o caso, o documento que o substitúa regulamentariamente.
  • Declaración de non incorrer nas prohibicións de contratar do artigo 71 da Lei 9/2017 do 8 de novembro, de contratos do sector público.
  • Xustificante da alta no IAE.
  • Certificado do cumprimento das obrigas tributarias ca facenda estatal.
  • Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca facenda autonómica da Xunta de Galicia.
  • Certificado de inscrición e certificado de estar ao corrente de pagamento da Seguridade Social.
  • Certificado de clasificación (documento non obrigatorio para a inscrición).

Os certificados das obrigas tributarias ca facenda estatal, facenda autonómica e seguridade social, teñen unha vixencia de seis meses a contar dende a data de expedición, o contratista unha vez inscrito terá que actualiza-los con dita periodicidade, no caso contrario terá que achegalos a cada unha das licitacións ás que concorra.

Así mesmo poderá autorizar ao rexistro para verificar, telemáticamente, o cumprimento das citadas obrigas. A caducidade destes certificados na base de datos do rexistro, non dará lugar á baixa temporal (ver modelo de autorización en Formularios).

O certificado da facenda autonómica é un documento expedido pola Consellería de Facenda e os seus departamentos territoriais (teléfono do Servizo de Recadación en Santiago de Compostela: 981 957 474).

O certificado de clasificación é expedido pola "Junta Consultiva de Contratación Administrativa" dependente do "Ministerio de Economía y Hacienda" (teléfono: 914261208).

Tipo

Rexistro xeral de contratistas - Inscricións