Volver ao contido

Persoa Física

Instruccións

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Solicitude normalizada do procedemento (FA701A) que atopará na sede electrónica da Xunta de Galicia e que deberá ser debidamente cumprimentada e asinada electronicamente.
  • No caso de opoñerse a súa consulta por parte da Administración, deberá aportar certificados de non ter débedas coa Axencia Tributaria Estatal (AEAT), a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e a Seguridade Social (SS), expedidos a efectos da Lei 9/2017, de Contratos do sector público. Estes tres documentos, como levan código de verificación electrónica (CVE) non é preciso que sexan copias electrónicas auténticas.
  • Certificado de situación no censo no que se acredite alta actual no Imposto de Actividades Económicas. Este documento, como leva código de verificación electrónica (CVE) tampouco é preciso que sexa copia electrónica auténtica.
  • Copia simple dos xustificantes do pago do IAE do último exercicio ou, de ser o caso, declaración asinada electronicamente de estar exento do seu pagamento. Pódese obter o modelo de concorrer nas causas de exención do imposto aquí: Declaración de exención do IAE.
  • Declaración de non incorrer en prohibicións para contratar coa Administración, de conformidade co artigo 71 da Lei 9/2017 do 8 de Novembro, de Contratos do sector público debidamente asinada electronicamente. Pode obter o modelo de declaración aquí: Declaración art. 71

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE EN LIÑA

Toda a documentación pode presentala en liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

INFORMACIÓN

Rexistro Xeral de contratistas da Comunidade autónoma de Galicia

Teléfono: 881 999 057/ 981 545 519

Correo electrónico: rxccagalicia@conselleriadefacenda.es

 

ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA

Tipo

Rexistro xeral de contratistas - Inscricións