Volver ao contido

Persoa Xurídica Española

Instruccións

As solicitudes de inscrición no rexistro serán presentadas en modelo normalizado, en calquera das formas previstas na lexislación vixente (departamentos territoriais, oficinas de correos, xanela única, etc...)

Os interesados poden anexar os documentos esixibles en orixinal, copia auténtica ou copia compulsada. A compulsa dos documentos pódese realizar por notario ou por calquera das Oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia onde poida presentarse a solicitude

Documentación a aportar:

  • Solicitude (modelo normalizado)
  • Fotocopia do CIF ou NIF
  • DNI do representante ou representantes que figuren no bastanteo. Se só se pretende incluír a un, indicarase expresamente este aspecto.
  • Escritura de constitución ou modificación da empresa
  • Poder declarado bastante por letrado da asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia.
  • Declaración de non incorrer nas prohibicións de contratar do artigo 49 da Lei 30/2007 do 30 de outubro, de contratos do sector público.
  • Xustificante da alta no IAE.
  • Último recibo do pago do IAE ou, de ser o caso, documentación xustificativa da exención do seu pagamento.
  • Certificado do cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal.
  • Certificado de cumprimento das obrigas tributarias coa facenda autonómica da Xunta de Galicia.
  • Certificado de inscrición e corrente de pagamento da seguridade social.
  • Certificado de clasificación da empresa (documento non obrigatorio para a inscrición)

Os certificados das obrigas tributarias coa facenda estatal, facenda autonómica e seguridade social, teñen unha vixencia de seis meses a contar dende a data de expedición. O contratista, unha vez inscrito, terá que actualizalos con dita periodicidade ou, no caso contrario, terá que achegalos a cada unha das licitacións ás que concorra.

Así mesmo poderá autorizar ao Rexistro para verificar, telematicamente, o cumprimento das citadas obrigas. (Ver modelo de autorización en Formularios)

A caducidade destes certificados na base de datos do Rexistro, non dará lugar á baixa temporal da empresa.

O certificado da facenda autonómica é un documento expedido pola Consellería de Facenda e os seus departamentos territoriais (tlfno. do servizo de recadación en Santiago: 981-54-51-28/54-51-25)

O certificado de clasificación é expedido pola "Junta Consultiva de Contratación Administrativa" dependente do "Ministerio de Economía y Hacienda" (tlfno.: 914261208)

Tipo

Rexistro xeral de contratistas - Inscricións