Volver ao contido

Persoa Xurídica Estranxeira

Instruccións

Para as solicitudes formuladas por estranxeiros membros da UE, requirirase a mesma documentación esixida ós españois e ademais:

  • Declaración de sometemento á xustiza española

 

Os contratistas estranxeiros de estados membros da Unión Europea ou asinantes do acordo sobre o espazo económico europeo acreditarán a súa capacidade de obrar mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no anexo I do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

 

Para as solicitudes formuladas por estranxeiros non membros da UE, requirirase a mesma documentación esixida ós españois e ademais:

  • Certificación expedida pola respectiva representación diplomática española na que se faga constar que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato.
  • Informe da representación diplomática española sobre a condición de Estado signatario do acordo sobre contratación pública da organización mundial do comercio. No caso contrario, o informe de reciprocidade.
  • Tratándose de contratistas de obras será necesario, ademais, que as empresas estranxeiras non comunitarias teñan aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou representantes para as súas operacións e que estean inscritas no Rexistro Mercantil.
  • Tódolos contratistas estranxeiros deberán aportar declaración solemne de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois para a resolución de calquera incidencia que puidera xurdir na formalización e execución dos contratos.
  • Os documentos referidos neste apartado poderanse presentar en orixinal ou mediante copias que teñan o carácter de auténticas, de conformidade co establecido na lexislación vixente.

 

Os contratistas estranxeiros presentarán os documentos que deban aportar traducidos de forma oficial ós idiomas galego ou castelán.

 

Os certificados das obrigas tributarias coa facenda estatal, facenda autonómica e seguridade social, teñen unha vixencia de seis meses a contar dende a data de expedición. O contratista, unha vez inscrito, terá que actualizalos con dita periodicidade ou, no caso contrario, terá que achegalos a cada unha das licitacións ás que concorra.

 

Así mesmo poderá autorizar ao Rexistro para verificar, telemáticamente, o cumprimento das citadas obrigas. (Ver modelo de autorización en Formularios)

 

A caducidade destes certificados na base de datos do Rexistro, non dará lugar á baixa temporal da empresa.

 

O certificado da facenda autonómica é un documento expedido pola Consellería de Facenda e os seus departamentos territoriais s (tfno. do servizo de recadación en Santiago:981-54-51-28/54-51-25

Tipo

Rexistro xeral de contratistas - Inscricións