Modificación dos datos inscritos
AVISO IMPORTANTE PARA A
|
As escrituras públicas e o bastanteo do poder remitidos electrónicamente deberán As declaracións remitidas electrónicamente deberán vir asinadas con |
* A expedición e remisión das copias electrónicas auténticas poderá realizarse, a través, de calquera Rexistro público da Xunta de Galicia ou en calquera oficina integrada no SIR (Sistema integrado de Rexistros), presentando os orixinais dadocumentación (para o escaneo das escrituras e bastanteo), con carácter previo ao envío electrónico. No caso de que o interesado desexe obter unha copia electrónica auténtica para que poida ser usadas en calquera outro trámite con carácter indefinido por calquera medioelectrónico, deberá acudir a unha das oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) e aboar a correspondente taxa. |
As persoas físicas ou xurídicas que se atopen na situación de inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas, están obrigadas a poñer inmediatamente en coñecemento do Rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados:
- Toda alteración substancial, especialmente as que se refiren ó obxecto social ou á personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime de contratación.
- As modificacións que afecten á representación conferida (apoderados, administradores, conselleiros) ou á personalidade do contratista.
- Incorrer en calquera causa de prohibición para contratar coa Administración.
- Todas as persoas físicas ou xurídicas, están obrigadas a presentar unha declaración "anual" de vixencia de documentación. A presentación deste documento ten carácter obrigatorio. Todas as persoas físicas ou xurídicas inscritas que non teñan presentada esta declaración, pasarán á situación de suspensión temporal. O Rexistro Xeral de Contratistas, enviará un modelo de declaración de vixencia de documentación, que será cumprimentado polas persoas físicas ou xurídicas inscritas.
Requisitos e documentación::
Solicitude modelo 701-b ou escrito de remisión no que se faga constar os datos da sociedade, representante e motivo da modificación.
Documentación (orixinal ou compulsa da pola Xunta de Galicia ou notario), acreditativa da modificación solicitada.
- Cando nunha empresa se produzan modificacións formalizadas en escritura pública (cambio de denominación, modificación de capital social, modificación de obxecto social, etc...) deberase presenta-lo impreso modelo 701-b e as escrituras correspondentes inscritas no Rexistro Mercantil.
- Se se quere modificar algunha referencia relativa ao IAE, a empresa presentara xustificante do seu pagamento, así como, en calquera momento dar de baixa ou alta tódolos epígrafes que crea conveniente, presentado escrito de baixa ou modelo oficial de baixa/alta.
- Se se queren realizar modificacions relativas a apoderados, administradores ou conselleiros delegados, estarase ao seguinte:
- Se desexan incluír un novo representante deberán presentar :
- Modelo 701-b
- DNI do representante ou representantes.
- Escritura de poder inscrita no Rexistro Mercantil.
- Orixinal ou copia compulsado por notario ou cotexada por un funcionario da Xunta de Galicia do do poder declarado bastante por letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia
- Declaración de non incorrer nas prohibicións do artigo 71 da lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
- Para dar de baixa un apoderado:
- Modelo 701-b
- Escritura de revogación de poder inscrita no Rexistro Mercantil.
- Se desexan incluír un novo representante deberán presentar :
- Certificados tributarios ou de Seguridade Social:
- Escrito no que se consten os documentos que aportan.
- Certificado correspondente (non son válidos os negativos)
- Certificado de clasificación:
- Modelo 701-b
- Certificado de clasificación emitido pola "Junta Consultiva de Contratación Administrativa" do "Ministerio de Economía y Hacienda" (teléfono 914261208)
Toda a documentaciónpresentarase en orixinal ou copia cotexada por notario ou por funcionario da Xunta de Galicia.
A presentación dadocumentación (en especial a que implique a presentación do modelo 701-b que deba someterse a informe da Asesoría Xurídica desta Consellería), realizarase con antelación suficiente á licitación á que se presenten, para a súa tramitación polo Rexistro Xeral de Contratistas.
Toda a documentación presentarase en orixinal ou copia cotexada polo órgano que a emite, por notario ou por funcionario da Xunta de Galicia.
A presentación da documentación (en especial a que implique a presentación do modelo 701-b que deba someterse a informe da asesoría xurídica desta consellería), realizarase con antelación suficiente á licitación á que se presenten, para a súa tramitación polo Rexistro Xeral de Contratistas.
ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA