Volver ao contido

Modificación dos datos inscritos

As persoas físicas ou xurídicas que se atopen na situación de inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas, están obrigadas a poñer inmediatamente en coñecemento do Rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados:

  • Toda alteración substancial, especialmente as que se refiren ó obxecto social ou á personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime de contratación.
  • As modificacións que afecten á representación conferida (apoderados, administradores, conselleiros) ou á personalidade do contratista.
  • Incorrer en calquera causa de prohibición para contratar coa Administración.
  • Todas as persoas físicas ou xurídicas, están obrigadas a presentar unha declaración "anual" de vixencia de documentación. A presentación deste documento ten carácter obrigatorio. Todas as persoas físicas ou xurídicas inscritas que non teñan presentada esta declaración, pasarán á situación de suspensión temporal. O Rexistro Xeral de Contratistas, enviará un modelo de declaración de vixencia de documentación, que será cumprimentado polas persoas físicas ou xurídicas inscritas.

 

Requisitos e documentación::

Solicitude modelo 701-b ou escrito de remisión no que se faga constar os datos da sociedade, representante e motivo da modificación.
Documentación (orixinal ou compulsa da pola Xunta de Galicia ou  notario), acreditativa da modificación solicitada.

  1. Cando nunha empresa se produzan modificacións formalizadas en escritura pública (cambio de denominación, modificación de capital social, modificación de obxecto social, etc...) deberase presenta-lo impreso modelo 701-b e as escrituras correspondentes inscritas no Rexistro Mercantil.
  2. Se se quere modificar algunha referencia relativa ao IAE, a empresa presentara xustificante do seu pagamento, así como, en calquera momento dar de baixa ou alta tódolos epígrafes que crea  conveniente, presentado escrito de baixa ou modelo oficial de baixa/alta.
  3. Se se queren realizar modificacions relativas a apoderados, administradores ou conselleiros delegados, estarase ao seguinte:
    1. Se desexan incluír un novo representante deberán presentar :
      • Modelo 701-b
      • DNI do representante ou representantes.
      • Escritura de poder inscrita no Rexistro Mercantil.
      • Orixinal ou copia compulsado por notario ou cotexada por un funcionario da Xunta de Galicia do do poder declarado bastante por letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia
      • Declaración de non incorrer nas prohibicións do artigo 71 da lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
    2. Para dar de baixa un apoderado:
      • Modelo 701-b
      • Escritura de revogación de poder inscrita no Rexistro Mercantil.
  4. Certificados tributarios ou de Seguridade Social:
    • Escrito no que se consten os documentos que aportan.
    • Certificado correspondente (non son válidos os negativos)
  5. Certificado de clasificación:
    • Modelo 701-b
    • Certificado de clasificación emitido pola "Junta Consultiva de Contratación Administrativa" do "Ministerio de Economía y Hacienda" (teléfono 914261208)

 

Toda a documentaciónpresentarase en orixinal ou copia cotexada por notario ou por funcionario da Xunta de Galicia.

 

A presentación dadocumentación (en especial a que implique a presentación do modelo 701-b que deba someterse a informe da Asesoría Xurídica desta Consellería), realizarase con antelación suficiente á licitación á que se presenten, para a súa tramitación polo Rexistro Xeral de Contratistas.

 

Toda a documentación presentarase en orixinal ou copia cotexada polo órgano que a emite, por notario ou por funcionario da Xunta de Galicia.

 

A presentación da documentación (en especial a que implique a presentación do modelo 701-b que deba someterse a informe da asesoría xurídica desta consellería), realizarase con antelación suficiente á licitación á que se presenten, para a súa tramitación polo Rexistro Xeral de Contratistas.