Procedemento de contratación
Amosámoslle documentación e ligazóns útis para o proceso de contratación da Administración pública galega:
- Portal de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia
- Índice mensual de prezos
- Formularios para Publicidade no DOUE
- Formulario normalizado do Documento Europeo único de contratación - DEUC (en galego)
Tipo legal de xuro de mora
O artigo 216.4 da TRLCSP establece que a Administración ten a obriga de aboar o prezo dentro dos 30 días seguintes á data de expedición das certificacións de obras ou dos correspondentes documentos que acrediten a realización total ou parcial do contrato, e, no caso de demora, debe aboar ao contratista, a partir do cumprimento do devandito prazo de 60 días, os intereses de demora e a indemnización polos custos de cobramento nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro de 2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (B.O.E. 30-12-2004).
A efectos do previsto no artigo 7 da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, no seguinte cadro pódense consultar as Resolucións da Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira do Ministerio de Economía e Facenda pola que se fai público o tipo legal de xuro de mora aplicable nas operacións comerciais realizadas entre empresas e a Administración.
Tipo de xuro legal do diñeiro
Clasificación estatística dos contratos públicos: CPV e CPA
-
CPA
O Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, dispón que os pregos de cláusulas administrativas particulares conterán a definición do obxecto do contrato e, no seu caso o de cada un dos lotes, con expresión da codificación correspondente da nomenclatura CNPA, na actualidade a nomenclatura CPA, recollida no Regulamento (CE) nº 451/2008, do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de abril de 2008, vixente dende o 4 de xuño de 2008.
-
CPV
Cando o contrato sexa igual o superior aos umbráis comunitarios, os pregos de cláusulas administrativas particulares e o anuncio de licitación deberán indicar, ademais, a codificación correspondente á nomenclatura do Vocabulario común de contratos públicos recollida no Regulamento (CE) nº 213/2008 da Comisión, de 28 de novembro de 2008, vixente dende o 15 de setembro de 2008.
Enderezo
Edificio Administrativo San Caetano, 3 15781 Santiago de Compostela. Teléfonos: Secretaría Xeral: 981-544947 881-999350 881-999426 Fax: 881999555