Volver ao contido

Converxencia económica 2007-2013

O  acordo de perspectivas financeiras 2007-2013 permite que España siga sendo un  dos principais países beneficiarios da política rexional europea. Así, España  termina o período 2000-2006 cunha maioría de rexións dentro do Obxectivo 1 e  inicia o período 2007-2013 cunha maioría de rexións dentro do Obxectivo de  Competitividade Rexional e Emprego, e cun período transitorio de saída do Fondo  de Cohesión.

 

Para  o novo período proponse un marco simplificado para a política de cohesión  baseado en 3 grandes Obxectivos,  Converxencia, Competitividade Rexional e Emprego, e Cooperación  Territorial Europea, que tratan de garantir a adecuada aplicación das Axendas de  Lisboa e Gotemburgo tendo en conta tamén as circunstancias específicas das  rexións.

 

Galicia  atópase no grupo de rexións españolas incluídas no Obxectivo Converxencia, que  persegue crear unhas condicións máis favorables para o crecemento e o emprego.

 

Neste apartado pódense consultar outros documentos  relevantes distintos dos Programas Operativos, que complementan a planificación  económica da C.A. e o proceso de converxencia de Galicia con España e a Unión  Europea.