Volver ao contido

Programa Operativo de Cooperación Territorial Transnacional Espazo Atlántico 2007-2013

Os 4 programas de Cooperación Territorial Transnacional son:

  • Espazo Sudoeste Europeo, onde participan Francia, Portugal, Reino Unido e España (agás Canarias).
  • Espazo Mediterráneo, onde participan Italia, Portugal, Reino Unido, Francia, Grecia, Eslovenia, Malta, Chipre e España (Aragón, Cataluña, Baleares, Andalucía, Valencia, Murcia, Ceuta e Melilla), e Suíza.
  • Espazo Madeira-Azores-Canarias (Programa ultraperiférico).
  • Espazo Atlántico, onde participan Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España (Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco, e tres NUTS III de Andalucía: Cádiz, Huelva e Sevilla).

 

Galicia participa na Cooperación T. Transnacional 2007-2013, que é cofinanciada polo FEDER, a través de 2 POs: Espazo Atlántico e Espazo Sudoeste Europeo.

 

O PO Espazo Atlántico 2007-2013, que supón a cuarta serie consecutiva de programas de cooperación na zona despois da IC INTERREG 90-93, 94-99 e 00-06, promove a cooperación transnacional entre 5 nacións, Irlanda, Reino Unido, Francia, España e Portugal, abarcando apoio comunitario para 33 NUTS II que son zonas costeiras nos países participantes (56.000.000 habitantes e 594.000 Km²), desde o norte de Escocia ata a  recta de Xibraltar.

 

O obxectivo final que se persegue é consolidar a cooperación existente mediante estruturas tanxibles para lograr resultados operativos, concentrando a cooperación a través dos 4 Eixes de intervención seguintes:

  • Eixe 1, Promover a iniciativa empresarial transnacional e as redes de innovación.
  • Eixe 2, Protexer e mellorar o medio mariño e costeiro.
  • Eixe 3, Mellora da accesibilidade e vínculos internos.
  • Eixe 4, Promover as sinerxías transnacionais no desenvolvemento sostible urbano e rexional.

 

O custo total previsto para o Programa de Cooperación Territorial do Espazo Atlántico Europeo 2007-2013 ascende a 158.798.190 euros. O financiamento do FEDER elévase a 104.051.233 euros, o que corresponde a unha taxa media de Axuda comunitaria do 65,52 %. A España corresponderíalle a cantidade de 20.000.000 euros en Axuda.

 

►  Portal web do Programa Operativo de Cooperación
       Territorial Transnacional Espazo Atlántico 2007-2013

 

Union Europea