Volver ao contido

Exemplos de Logotipos Comunitarios 07-13

A intervención dos Fondos Estruturais en Galicia materializarase no período 2007-2013 en multitude de infraestruturas, equipamentos, actuacións en medio, innovación, emprego e formación, así como na concesión de axudas e servizos que mellorarán a calidade de vida de miles de cidadáns galegos e impulsarán a converxencia económica coa media de España e da Unión Europea. Por iso, é importante dar a coñecer as actuacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais en Galicia, para visualizar e comprender mellor o papel da Unión Europea nas rexións que a integran.

 

As características gráficas do emblema da UE poden descargarse en:

 

►  http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm

 

Tamén se poden descargar imaxes da bandeira europea para reproducir (en formato EPS e JPG) en:

 

►  http://europa.eu/about-eu/basic-information
      /symbols/flag/index_es.htm

 

Todas as medidas de información e publicidade establecidas polas autoridades de xestión ou os beneficiarios e destinadas aos beneficiarios, aos beneficiarios potenciais e ao público en xeral deben incluír os elementos seguintes:

 

  • O emblema e a referencia UNIÓN EUROPEA.
  • A referencia ao Fondo que participa, coa súa denominación completa:
    • No caso do FSE: Fondo Social Europeo
    • No caso do FEDER: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional / Fondo Europeo de Desarrollo Regional
  • A declaración do Fondo elixida pola Xunta de Galicia, na que se destaque o valor engadido da intervención:
    • No caso do FSE: O FSE inviste no teu futuro / El FSE invierte en tu futuro
    • No caso do FEDER: Unha maneira de facer Europa / Una manera de hacer Europa

 

A utilización dos logos comunitarios e o seu uso conxunto cos emblemas da Xunta de Galicia e doutras entidades participantes nalgún proxecto concreto establécese na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2007-2013 en Galicia.

 

Neste apartado pódense consultar e descargar algúns exemplos de logos comunitarios que se poden utilizar na visualización da participación da Unión Europea en Galicia, a través dos dos seguintes ámbitos: