Volver ao contido

Guía de Publicidade en información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2007-2013 en Galicia

Co obxecto de facilitar aos beneficiarios e órganos xestores de Fondos Estruturais o cumprimento das obrigas de información e publicidade comunitarias establecidas nos Regulamentos (CE) Nº 1083/2006, Nº 1828/2006 e Nº 846/2009, así como de transmitir aos potenciais beneficiarios e público en xeral como se fai visible a participación da Unión Europea en Galicia, elaborouse a Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2007-2013 en Galicia.

 

A Guía, que pretende ser un instrumento útil para os responsables da xestión de calquera proxecto cofinanciado por Fondos Estruturais en Galicia, estrutúrase en 8 apartados. Nos 3 primeiros concrétase como utilizar os emblemas da UE e da Xunta de Galicia, incorporando 32 exemplos orientativos. Tamén incorpora, nos apartados 4 a 8, relacións de normativa e documentación vinculadas cos Fondos Estruturais e Axudas de Estado. O apartado 8 recolle as principais direccións web relacionadas con FEDER e FSE. E finalmente, nos Anexos 1 e 2, reprodúcense os Plans de Comunicación dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2007-2013.

 

Union Europea