Volver ao contido

Revista Ultreia

ULTREIA é unha revista de política rexional europea que naceu no ano 2009 e trata de informar e dar a coñecer os xestores de fondos, beneficiarios e público en xeral sobre temas de actualidade, opinións e proxectos relacionados cos Fondos comunitarios, ben sexa estruturais (FEDER-FSE) ou sectoriais (FEADER-FEP).

Ten unha tirada de 3.300 exemplares e unha ampla difusión dentro e fóra de Galicia. A súa edición e distribución contribúe ao cumprimento das medidas 11 e 8 dos Plans de Comunicación dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2007-2013, respectivamente.