Volver ao contido

Seguimento e Avaliación 2007-2013

De acordo co Regulamento (CE) Nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, o concepto de "Avaliación continua" correspóndese con "a realización das avaliacións levadas a cabo durante o período de programación 2007-2013". Este concepto supón un cambio de orientación en prazo e alcance respecto de como se materializaban as avaliacións no período 2000-2006.

 

A avaliación pode revestir carácter estratéxico ou operativo. No primeiro caso terá por obxecto analizar a evolución do programa ou grupo de programas en relación coas prioridades comunitarias e nacionais. No segundo, perseguirá apoiar o seguimento dun programa operativo. Ambos os dous tipos, estratéxica e operativa, comprenden o concepto de avaliación continua, ao que se une tamén a análise dos indicadores de alerta seleccionados, para facilitar o seguimento dos programas.

 

Estes indicadores de alerta teñen un carácter preventivo, e fixan unhas porcentaxes mínimas de execución financeira e física que se deben cumprir cada ano para a boa marcha do programa.

 

As avaliacións previstas en España para o período 2007-2013 son:

  • Informes de seguimento estratéxico do MENR 07-13 nos anos 2009 e 2012.
  • Avaliacións operativas a incluír como anexo nos informes de execución anuais.
  • Avaliacións estratéxicas temáticas relativas á Economía do Coñecemento (I+D+i e sociedade da información), Inmigración, medio e Igualdade de oportunidades.
  • Avaliacións dos Plans de Comunicación dos programas operativos nos anos 2010 e 2013.

 

Para coordinar o proceso de avaliación no período de programación 2007-2013, constituíuse o Comité Consultivo de Seguimento Estratéxico e Avaliación (CCSEE), que está presidido pola Dirección General de Fondos Comunitarios do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, e do que forman parte, entre outros, os organismos intermedios rexionais dos programas operativos.

 

Documentos asociados