Volver ao contido

Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) 2014-2020

 

O obxectivo do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) 2014-2020 é contribuír a fomentar un crecemento económico intelixente, integrador e sustentable e fomentar o emprego sustentable na Unión, facendo posible que esta poida dar mostras de solidariedade e apoiar aos traballadores despedidos e aos traballadores por conta propia que cesan na súa actividade laboral como consecuencia dos importantes cambios estruturais nos patróns do comercio mundial debidos á globalización, á continuación da crise financeira e económica mundial que aborda o Regulamento (CE) n. 546/2009, ou a unha nova crise financeira e económica mundial.


A Comisión Europea levará a cabo, en estreita colaboración cos Estados membros, unha avaliación intermedia da eficacia e da sustentabilidade dos resultados obtidos do FEAG (antes do 30 de xuño de 2017), e unha avaliación a posteriori, realizada coa colaboración de expertos externos, co fin de medir o impacto do FEAG e o seu valor engadido (antes do 31 de decembro de 2021).


De conformidade co principio de boa xestión financeira, a contribución financeira do FEAG non debe substituír senón, sempre que sexa posible, complementar, as axudas dispoñibles para os beneficiarios dos fondos ou outras políticas ou programas da Unión. Nos informes bienais recollerase, entre outros aspectos, un apartado sobre a complementariedade das accións desenvolvidas polo FEAG e as accións financiadas por outros Fondos da Unión, en particular polas do FSE.


O FEAG, que é un fondo que permanece á marxe do Marco Financeiro Plurianual 2014-2020 da UE, conta cunha dotación máxima anual de 150 millóns de euros (a prezos de 2011).

 

 

Portal Web do Fondo FEAG na UAFSE
     (Ministerio de Empleo y Seguridad Social)

► Portal Web do Fondo FEAG na DX de Emprego,
     Asuntos Sociais e Inclusión (Comisión Europea)

 

 

Union Europea