Volver ao contido

Gobernanza Económica da UE

Todos os Estados membros comprometéronse a alcanzar os Obxectivos da Estratexia Europa 2020 e traducíronos en obxectivos nacionais. Por iso, a Unión Europea estableceu un ciclo anual de coordinación das políticas económicas denominado o Semestre Europeo.

 

Grazas ao marco do Semestre Europeo, que foi creado no 2010, os países membros poden debater sobre os seus plans económicos e presupuestarios e saber como se vai avanzando en determinados momentos ao longo do ano.


Os Obxectivos do Semestre Europeo son:

  • Garantir unhas finanzas públicas saneadas (evitando unha excesiva débeda pública).
  • Evitar desequilibrios macroeconómicos excesivos na UE.
  • Apoiar reformas estruturais que favorezan o crecemento e o emprego.
  • Estimular o investimento.


A Comisión analiza cada ano en detalle os plans de reforma presupuestaria, macroeconómica e estrutural de cada país. Despois dirixe ao goberno de cada país recomendacións específicas para os seguintes 12 a 18 meses. Tamén supervisa os esforzos dos países para alcanzar os Obxectivos de Europa 2020.
 

O Consello avala e aproba oficialmente as propostas da Comisión.
 

Cada goberno nacional decide as medidas que considera adecuadas para responder ás recomendacións específicas.
 

Calendario do Semestre Europeo. O ciclo anual de coordinación de políticas empeza en novembro, cando a comisión fixa as prioridades para o ano seguinte, e termina o mes de outubro seguinte, cando os gobernos nacionais presentan os seus proxectos de plans presupuestarios, nos cales atenden ás recomendacións formuladas no verán polo Consello. Relaciónanse a continuación as etapas do Semestre Europeo.

 

A. Fixar prioridades. O paquete de outono marca o inicio do ciclo anual de coordinación da gobernanza económica. A Comisión establece as prioridades económicas xerais da UE e ofrece orientacións estratéxicas aos gobernos da UE para o ano seguinte. Esta etapa comprende:

  • O Estudo Prospectivo Anual sobre o Crecemento (EPAC), que establece as prioridades económicas xerais da UE e ofrece orientacións estratéxicas aos gobernos da UE para o ano próximo. As orientacións da Comisión se articulan en torno a tres aspectos interconectados: o investimento, as reformas estruturais e a consolidación presupuestaria.
  • Informe sobre o Mecanismo de Alerta (IMA). Trátase dun dispositivo de detección, baseado nun cadro de indicadores, que indica os países que poden verse afectados por desequilibrios económicos e sobre os que a Comisión debe realizar novos exames exhaustivos. Pon en marcha o Procedemento de Desequilibrio Macroeconómico (PDM) anual, cuxo obxectivo é previr e corrixir os desequilibrios que dificultan o correcto funcionamento das economías dos Estados membros, da zona do euro ou da UE no seu conxunto.
  • Informe Conxunto sobre o Emprego (proxecto). Analiza o emprego e a situación social en Europa e as respostas políticas dos gobernos nacionais.
  • Recomendacións para a zona do euro. Aborda cuestións críticas para o funcionamento da zona da moeda única e suxire medidas específicas para ser aplicadas polos gobernos nacionais. Así se garante que a zona do euro e as cuestións nacionais inclúense na planificación da gobernanza económica.
  • Comunicación sobre a orientación presupuestaria. A Comisión avalía a política presupuestaria xeral da zona do euro en termos agregados, considerando á eurozona como unha entidade única, e recomenda obxectivos para a política presupuestaria da zona do euro.
  • Ditame da Comisión sobre os proxectos de plans presupuestarios dos países da zona do euro. Avalía en que medida os plans presupuestarios nacionais para o ano seguinte cumpran os requisitos do Pacto de Estabilidade e Crecemento (PEC).

 

B. Fase de análise. A Comisión publica informes por país sobre a evolución económica e social xeneral de cada país. Nalgúns casos inclúe un exame exhaustivo. Estes documentos forman o paquete de inverno:

  • Informes por país. Abarcan todos os ámbitos de importancia macroeconómica ou social e fan balance da situación presupuestaria do país. Avalían os avances de cada país ante os problemas mencionados nas recomendacións da UE do ano anterior. Os principais elementos de cada informe resúmense nunha Comunicación.
  • Exames exhaustivos (só para os países seleccionados no informe sobre o Mecanismo de Alerta). Avalían si existen desequilibrios ou desequilibrios excesivos no país a partir de factores como a sustentabilidade da balanza de pagos, o balance aforro-investimento, os tipos de cambio efectivos, as cotas dos mercados de exportación, a competitividade de prezos e a competitividade non relacionada cos prezos, a produtividade, a débeda privada e pública, os prezos da vivenda, os fluxos de crédito, os sistemas financeiros e o desemprego. Teñen en conta tamén a dimensión da zona do euro e o posible impacto en toda ela. A Comisión actualiza a situación do país no Procedemento de Desequilibrio Macroeconómico. 


C. En marzo-abril, os países da UE presentan á Comisión os Programas Nacionais de Reformas e os Programas de Estabilidade ou de Converxencia. Os programas detallan as políticas específicas que cada país levará a cabo para impulsar o crecemento e o emprego e previr ou corrixir os desequilibrios, ademais dos seus plans concretos para cumprir as recomendacións específicas por país e as normas presupuestarias xerais.


D. En maio-xullo, unha vez avaliados os plans dos gobernos, a Comisión presenta a cada país un conxunto de recomendacións específicas xunto cunha comunicación de carácter xeral. As recomendacións, que pretenden manter unhas finanzas públicas saneadas, céntranse en obxectivos factibles nos 12 a 18 meses seguintes.
As recomendacións adaptan ao ámbito nacional as prioridades sinaladas a escala da UE (no Estudo Prospectivo Anual sobre o Crecemento da Comisión). O mesmo faise para a zona do euro. 
Os gobernos debaten no Consello as recomendacións, que referendan os dirixentes da UE nun cume en xuño e adoptan oficialmente os ministros de economía en xullo.


E. En agosto-Outubro, os gobernos nacionais incorporan as recomendacións nos seus plans de reforma e nos orzamentos nacionais do ano seguinte. A Comisión avalía estes plans con referencia aos requisitos do Pacto de Estabilidade e Crecemento e emite un ditame formal sobre cada plan en novembro, de maneira que as súas orientacións póidanse ter en conta ao finalizar os orzamentos nacionais.
Os ministros de economía dos países da zona do euro debaten no Consello ECOFIN a avaliación dos plans efectuada pola Comisión.

 

2017

 

2016

 

2015

2014

 

2013

 

2012

 

 

Union Europea