Volver ao contido

Principio de asociación 2014-2020

A elaboración dos traballos de programación e execucción dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020, que son coordinados pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, responden a un proceso concertado entre os representantes das administracións europea, nacional e rexional para contribuír con eficacia á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sostible e integrador, a través dos 11 obxectivos temáticos seguintes:

 

  1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
  2. Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso a estas.
  3. Mellorar a competitividade das peme, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
  4. Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.
  5. Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos.
  6. Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos.
  7. Promover o transporte sostible e eliminar os estrangulamentos nas infraestruturas de rede fundamentais.
  8. Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.
  9. Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
  10. Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.
  11. Mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública.

 

POR QUE SE PIDE INFORMACIÓN?

De acordo co Principio de Asociación establecido no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 de Disposicións comúns e xerais relativas aos Fondos do MEC 2014-2020 (Art. 5) e o Código de Conduta Europeo sobre as asociacións no marco dos Fondos EIE establecido no Regulamento Delegado (UE) Nº 240/2014 (Arts. 4, 5, 8 e 9), a elaboración e implementación dos documentos estratéxicos da política de cohesión, como son os POs FEDER e FSE Galicia 2014-2020, implica unha participación dos socios pertinentes na preparación, execución, seguimento e avaliación dos programas ao longo do período 2014-2020.

 

A QUEN SE SOLICITA INFORMACIÓN?

Aos axentes económicos e sociais que recomenda a Comisión Europea, respectando o marco institucional e xurídico establecido ao respecto, que son:

  1. Autoridades públicas rexionais e locais: organismos da Administración central, a C.A. e as entidades locais.
  2. Axentes económicos e sociais: sindicatos máis representativos, patronais, Consello Económico e Social, Cámara de Comercio, etc.
  3. Representantes da sociedade civil, incluíndo: interlocutores ambientais, organismos de acción social, organismos responsables dos principios horizontais de desenvolvemento sostible, igualdade de xénero e non discriminación.

 

CAL É A FINALIDADE?

Trátase de que a planificación e a execución da Política de Cohesión en Galicia para o período 2014-2020 conte cun amplo consenso de todas as partes involucradas e dea resposta aos retos e necesidades dos diferentes colectivos, tendo en conta os aspectos transversais, o contexto específico da C.A., as prioridades comunitarias e a complementariedade e coherencia respecto doutros instrumentos da UE.

 

Ao largo de 2014 celebráronse catro Mesas de traballo da programación FEDER e FSE de Galicia 2014-2020 e tamén se expuxeron nesta páxina web cinco Documentos de consulta pública da programación FEDER e FSE de Galicia 2014-2020

 

Se vostede quere opinar acerca dalgún tema relacionado co FEDER e o FSE 2014-2020 en Galicia, pode enviar as súas suxestións / observacións, xunto cos seus datos persoais / profesionais (nome e apelidos / DNI e correo electrónico / cidade, provincia e nación / ou se fose o caso organización, empresa, categoría profesional, CIF e correo electrónico), a través do Modelo resposta aos documentos de consulta pública da política rexional comunitaria 2014-2020 (en Documentos asociados) ou, preferentemente, a través da seguinte dirección de correo electrónico:

 

correo electrónico

 

 

Union Europea

Documentos asociados