Volver ao contido

Mesas de traballo da programación FEDER e FSE de Galicia 2014-2020

Co obxecto da aplicación reforzada do principio do partenariado 2014-2020 e a partir da experiencia acumulada en períodos anteriores, a DX de Planificación e Orzamentos coordinou a constitución e dirección de 4 Mesas de Traballo relacionadas coa fase de preparación dos POs FEDER e FSE de Galicia 2014-2020 denominadas:

 

  • Mesa 1 FEDER. Sociedade da información e apoio ás PEMES. Obxectivos Temáticos 2 e 3. Celebrouse en Santiago de Compostela o 10.04.2014. O número de órganos participantes foi de 34, sendo o de elementos asistentes de 43.

  • Mesa 2 FEDER. Desenvolvemento sustentable. Obxectivos Temáticos 4, 5, 6 e 7. Celebrouse en Santiago de Compostela o 11.04.2014. O número de órganos participantes foi de 31, sendo o de elementos asistentes de 47.

  • Mesa 3 FSE. Emprego, educación e formación. Obxectivos Temáticos 8 e 10.  Celebrouse en Santiago de Compostela o 24.04.2014. O número de órganos participantes foi de 25, sendo o de elementos asistentes de 36.

  • Mesa 4 FSE. Inclusión social. Obxectivo Temático 9. Celebrouse en Santiago de Compostela o 25.04.2014. O número de órganos participantes foi de 35, sendo o de elementos asistentes de 49.

 

Este proceso compleméntase, á súa vez, co da participación dos socios a través da páxina web específica que a Consellería de Facenda ten habilitada para a elaboración da programación dos Fondos Estruturais 2014-2020 na rexión.

 

Con respecto do Obxectivo Temático 1 da programación comunitaria e relacionado coa investigación e a innovación, a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia elaborou a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2014-2020 despois dun proceso de carácter sistémico participativo, no que interviñeron distintos departamentos da administración autonómica así como outras institucións e axentes económicos e sociais representativos do Sistema Galego de Innovación, en particular, e da cidadanía, en xeral.

 

O obxectivo é asegurar que a programación e implementación da Política de Cohesión 2014-2020 en Galicia responda as inquietudes e necesidades dos actores públicos e privados rexionais, así como da sociedade civil, polo que a súa participación no proceso é determinante, tal e como vén establecido no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 (art. 5) e no Regulamento Delegado (UE) Nº 240/2014 (arts. 4, 5, 8 e 9).

 

Trátase de dar cumprimento e contribuír á aplicación práctica dos principios horizontais (Asociación e gobernanza multinivel, Igualdade entre homes e mulleres, Non discriminación e Desenvolvemento sustentable) e os obxectivos transversais (Accesibilidade, Cambio demográfico e Mitigación e adaptación ao cambio climático) en todas as fases do ciclo de implementación dos Fondos: programación, avaliación, execución e seguimento.

 

Entre os temas debatidos nas Mesas de traballo destacan os seguintes:  a Estratexia Europa 2020 e a súa relación coa situación socioeconómica e territorial de Galicia e o DAFO proposto, as principais novidades do período 2014-2020 respecto da anterior programación, a análise dos retos e as liñas estratéxicas estruturais FEDER-FSE na C.A., e a complementariedade con outros Fondos EIE.

 

Os socios integrantes do partenariado seleccionáronse con arranxo á súa relevancia e representatividade nos distintos sectores de actividade relacionados cos ámbitos de aplicación dos Fondos e cos principios horizontais. Esta pertinencia dos socios valorouse en función dos criterios seguintes:

 

  • Competencia transversal ou sectorial, valorando tamén a experiencia nos devanditos ámbitos.

  • Nivel de representación adecuado a nivel territorial galego e nalgúns casos con coñecemento da realidade nacional e europea.

  • Capacidade de participación activa nas Mesas de debate.

  • Interese nas liñas prioritarias de aplicación dos Fondos no período 2014-2020

 

Algunhas das presentacións máis representativas dos temas que se debateron nas Mesas de traballo da programación 2014-2020 relaciónanse en Documentos asociados.

 

 

Union Europea