Volver ao contido

Avaliación ambiental estratéxica 2014-2020

Co obxectivo de tomar en consideración a necesidade de mitigar o cambio climático, a avaliación ex ante do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 incorpora os requisitos da avaliación estratéxica medioambiental establecidos en aplicación da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello.

 

En relación co procedemento ordinario para o desenvolvemento da Avaliación Ambiental Estratéxica (EAE) do programa, e de acordo coa Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental  cabe destacar as fases seguintes:

 

  • O proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica iniciouse o 20.03.2014 co envío, por parte do Órgano Substantivo (a DG de Planificación e Orzamentos), do Documento Inicial Estratéxico e o primeiro borrador do PO FEDER Galicia 2014-2020, ao Órgano Ambiental. O Documento Inicial Estratéxico describía as principais características do Programa e os seus efectos ambientais previsibles.
  • A partir desa data e ata o 15.05.2014, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia puxo a disposición das administracións públicas, axentes participantes e público interesado, na súa páxina web, http://www.cmati.xunta.es/tema/c/avaliacion_ambiental,  ambos os documentos, para que, no prazo de 45 días hábiles, formulasen as observacións e suxestións que estimasen oportunas para axudar ao Órgano Ambiental a elaborar o Documento de Alcance do Estudo Ambiental Estratéxico. Tamén se fixeron consultas aos membros do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable e a outras administracións públicas.
  • O documento de alcance do PO FEDER Galicia 2014-2020 apróbase o 21.05.2014 pola autoridade ambiental rexional e inclúe os comentarios recibidos, quen dá publicidade ao mesmo na súa web específica de avaliación ambiental estratéxica de plans.
  • A DG de Planificación e Orzamentos pon a disposición do público en xeral, a través da súa páxina web, http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/principio-de-asociacion-2014-2020, o texto do Estudo Ambiental Estratéxico (Documento de consulta pública nº 4) xunto co documento xa mencionado do PO FEDER Galicia 2014-2020 (anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia o 09.07.2014 e a corrección de erros o 17.07.2014).
  • A amplitude da consulta abarca ás administracións públicas do Estado e da Xunta de Galicia, á administración local e ao público interesado, entre o que se atopa a Federación Ecoloxista Galega, a Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, a Federación Galega de Medio e a Fundación Galicia Sustentable.
  • Ao conxunto do partenariado e a posibles axentes participantes no proceso de elaboración de ambos os documentos animóuselles a participar nesta fase de consulta (04.07.2014), a través de comunicacións individuais por correo electrónico, indicándolles a data límite para recibir observacións e suxestións aos documentos do PO FEDER Galicia 2014-20 e do Estudo Ambiental Estratéxico.
  • Finalizado o proceso de información pública (02.09.2014), o Órgano Substantivo redacta o documento de Resultado do proceso de consulta pública do PO FEDER Galicia 2014-2020 e resumo da integración dos aspectos ambientais no PO, onde se recollen ademais as alegacións recibidas e a súa integración no PO e no EAE. Este documento remitiuse ao Órgano Ambiental, xunto á proposta final do PO e o Estudo Ambiental Estratéxico, tal e como establece o artigo 24 da Lei 21/2013.
  • Como conclusión do proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica, o Órgano Ambiental realizou a análise técnica do expediente e unha análise dos impactos significativos do Programa no medio ambiente, tras o cal formulou a Declaración Ambiental Estratéxica, que ten natureza de informe preceptivo, determinante, e que contén unha exposición dos feitos que resume os principais fitos do procedemento, incluíndo os resultados da información pública, das consultas e das medidas ou condicións finais que deban incorporarse ao programa que finalmente se aprobe.
  • A Declaración Ambiental Estratéxica do PO FEDER Galicia 2014-2020 publicouse na sede electrónica do Órgano Ambiental da Xunta de Galicia e no Diario Oficial de Galicia o 09.12.2014. Pode consultarse na seguinte dirección de internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1631/2014.

 

Union Europea