Volver ao contido

Programación 2014-2020

As prioridades europeas de cara ao novo período comunitario 2014-2020 reforzan o proceso de programación estratéxica en consonancia coa Estratexia Europa 2020.

 

Os elementos crave do enfoque da política de cohesión 2014-2020 relaciónanse nunha serie de Documentos iniciais de programación 2014-2020 elaborados pola Comisión Europea.

 

Tamén, a Comisión Europea elaborou outra serie de Documentos de traballo para a programación 2014-2020, que constitúen unhas guías e fichas complementarias de gran axuda orientativa á hora de deseñar os programas operativos.

 

Cada programa conterá un enfoque estratéxico que contribúa á estratexia xeral da UE para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e sexa coherente co MEC e co contrato de asociación. Tamén definirá, entre outros contidos, as prioridades, os obxectivos específicos, os indicadores de seguimento, o plan de avaliación do programa, os créditos financeiros da axuda comunitaria e a correspondente cofinanciación nacional.

 

Os Fondos do Marco Estratéxico Común (MEC) executaranse de acordo co contrato de asociación e a través de programas, que serán elaborados polos Estados membros, ou por calquera autoridade designada por eles, en colaboración cos socios.

 

A elaboración do PO FEDER Galicia 2014-2020 e do PO FSE Galicia 2014-2020 enmárcase dentro do Obxectivo de Investimento en Crecemento e Emprego, contribuíndo ambos ao desenvolvemento económico de Galicia e ao cumprimento da estratexia da Unión para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

 

►  Portal web do Ministerio de Facenda. Fondos Comunitarios: período 2014-2020

►  Portal web do Ministerio de Facenda. Acordo de Asociación de España 2014-2020

►  Portal web do Ministerio de Facenda. Negociación do Marco Financeiro Plurianual 2014-2020

 

 

 

 

Union Europea