Volver ao contido

Programación e Avaliación ex ante 2014-2020

A Comisión propuxo unha serie de cambios importantes con respecto ao deseño e a execución da política de cohesión 2014-2020, entre eles:

 

  • A concentración nas prioridades da Estratexia Europa 2020 de crecemento intelixente, sustentable e integrador.
  • A recompensa ao rendemento.
  • O apoio á programación integrada.
  • O enfoque nos resultados (supervisión do progreso cara aos obxectivos acordados).
  • O reforzo da cohesión territorial.
  • A simplificación da execución.

 

Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (EIE) 2014-2020 deben executarse mediante programas que abarquen o período de programación de conformidade co Acordo de Asociación. Os Estados membros deben elaborar os programas sobre a base de procedementos que sexan transparentes, de acordo co seu marco institucional e xurídico. Os Estados membros e a Comisión deben cooperar para garantir a coordinación e a coherencia dos mecanismos de programación dos Fondos EIE.

 

Os Fondos EIE deben centrar a súa axuda nun número limitado de obxectivos temáticos comúns.

 

Para mellorar a calidade do deseño e a execución dos programas deberán realizarse avaliacións que valoren a súa eficacia, eficiencia e impacto, de acordo coa misión do respectivo Fondo MEC e os obxectivos principais de Europa 2020. As avaliacións, que se farán públicas na súa integridade, serán levadas a cabo por expertos funcionalmente independentes das autoridades responsables da execución dos programas.

 

Neste apartado expóñense os elementos máis destacados do proceso de elaboración dos Programas Operativos FEDER Galicia 2014-2020 e FSE Galicia 2014-2020, que serán xestionados e executados baixo a coordinación da Consellería de Facenda ao longo do período

 

 

 

►Portal web da DG de Política Rexional e Urbana da Comisión
     Europea. Publicación "Orientacións para os beneficiarios de
     Fondos Estructurais e de Investimentos Europeos e doutros
     instrumentos relacionados da UE"

►Portal web da DG de Política Rexional e Urbana da Comisión
     Europea. Directrices sobre os Fondos Estruturais e de
     Investimento Europeos 2014-2020

►Portal web da Comisión Europea. Plan de Investimentos
     Europeos Estratéxicos (2016)

 

 

Union Europea